Another Europe is possible

Un coloquio analizará en Santiago os desafíos aos que se enfronta a esquerda a nivel mundial

11/09/2017

Boas,

 

·        O evento será o venres 15 de setembro a partir das 19:00 horas na Facultade de Filosofía e está organizado pola eurodeputada Lídia Senra

 

·        O sociólogo Ramón Grosfoguel, as activistas nicaragüenses Mónica Baltodano e Haydee Castillo e a galega Lupe Ces, serán as relatoras

 

Santiago, 11 de setembro de 2017. Analizar diferentes experiencias vividas pola esquerda nos últimos tempos, aprender delas e reflexionar sobre os desafíos aos que se enfronta a día de hoxe a esquerda non só a nivel galego, senón planetario. Ese é o obxectivo duncoloquio que terá lugar o venres 15 de setembro, a partir das 19:00 horas, na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, organizado pola eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

 

O evento posibilitará que se poida escoitar e debater con elas na capital galega a persoas cunha ampla traxectoria activista no ámbito da esquerda a nivel internacional como son o sociólogo portorriqueño, membro fundador de Europa Decolonial, Ramón Grosfoguel;a Comandante Guerrilleira nicaragüense, presidenta tamén da Fundación Popol Na, Mónica Baltodano; ou a activista do Movemento Autónomo de Mulleres de Nicaragua e membro do Foro de Mulleres para a integración centroamericana e do Caribe, Haydee Castillo. A voz galega das relatoras poñerana, ademais da propia Lídia Senra, a mestra, feminista e activista social Lupe Ces. Todo o coloquio será moderado polo autor do blog O Funambulista Coxo, o vigués David Rodríguez.

 

“Trataremos de poñer en común reflexións que dende distintas experiencias e realidades se están dando na esquerda no contexto actual europeo e planetarios fronte aos impactos da globalización e dende unha perspectiva de clase e feminista”, explica Lídia Senra, para quen este tipo de intercambios son hoxe máis necesarios que nunca. En efecto, a idea da eurodeputada é que coloquios semellantes teñan continuidade nos próximos meses deste ano para seguir profundizando no papel e nos retos da esquerda.

 

Na cita deste 15 de setembro, Grosfoguel falará sobre a crise dos paradigmas da esquerda a nivel mundial; mentres que Mónica Maltodano se centrará en analizar a situación que está a atravesar Nicaragua co goberno de Ortega; e Haydee Castillo abordará as resistencias e loitas contra o capitalismo patriarcal e depredador. O relatorio de Lupe Ces levará por título “Quen ten un plan?”.

 

Senra anima a asistir ao evento a todas as persoas que teñan interese por debater sobre a situación da esquerda desde unha perspectiva construtiva para  avanzar na implementación de políticas a prol da xustiza social, da democracia, da igualdade e da preservación do planeta.

 

Moitas grazas pola vosa atención. Adxuntamos cartel e programa completo do coloquio.

 

 

 

__________

 

Máis información:

 

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

 

Tlf: 609 845 861

lidia.senra@europarl.europa.eu       

http://ageuropa.gal/

Oficina de Lídia Senra na Galiza

Tlf.: +34.698.144.067 / 698.120.268

Tlf.: +34.881.817.443



www.ageuropa.gal

Contact Form

×