Another Europe is possible

Senra informa á CE da agresión que sufriu preso galego por parte dun funcionario no cárcere de León

28/06/2017

Boas,

 

Lídia Senra informa á CE da agresión que sufriu un preso galego por parte dun funcionario no cárcere de León

 

·        Insta á UE a abordar co Estado español a necesidade de adoptar medidas que garantan o respecto de dereitos humanos dos reclusos/as

 

·        A deputada chama a que actúe neste e noutros casos similares a rede europea de organismos de supervisión penitenciaria independentes

 

Bruxelas, 28 de xuño de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), presentou este mércores un documento escrito dirixido á Comisión Europea (CE), no que lle informa da recente agresión que sufriu un preso galego interno no cárcere de Mansilla de las Mulas (León) por parte dun funcionario dese centro. Senra faise eco da denuncia xudicial que o propio afectado e o seu avogado cursaron e insta ao ente comunitario a tomar medidas, tendo en conta que a CE está a amosar continuamente de palabra o seu compromiso coa salvagarda dos dereitos humanos e que o artigo 4 da Carta dos Dereitos Fundamentais da UE recolle que “ninguén poderá ser sometido a tortura nin a penas ou tratos inhumanos ou degradantes”.

 

O pasado 25 de abril do 2017, Adrián Mosquera Pazos, galego preso no cárcere de Mansilla de las Mulas (León), denunciou xudicialmente ter sido agredido por un funcionario cando estaba a facer ioga. A agresión provocoulle , segundo o parte de asistencia médica emitido polo doutor da Enfermería do centro penitenciario, “contusións na cabeza e chichón con hematomas na fronte”. O preso asegura tamén que está a padecer unha “persecución absurda” na prisión, xa que ademais de ter as comunicación intervidas, e da dispersión que lle aplican, sanciónaselle de forma arbitraria e négaselle o seu dereito a visitas médicas extrapenitenciarias.

 

Tendo en conta que, segundo resposta a unha pregunta anteriora Comisión facilitou no 2016 unha subvención ao Consello de Europapara formar unha rede europea de organismos de supervisión penitenciaria independentes, Lídia Senra pregúntalle á CE se non entende que debería abordar coas autoridades españolas a necesidade de adoptar medidas que garantan que non se volven vulnerar os dereitos desta persoa nin de ningunha outra. Prevé poñer este caso en coñecemento desa rede europea para instar ao Estado español a abandonar estas prácticas nas prisións?”, insiste Senra.

 

Esta non é a primeira vez que Senra denuncia vulneración de dereitos humanos nas prisións do Estado español. En efecto, no 2016 Senra denunciou en diferentes ocasións a dispersión penitenciaria que se aplica no Estado, así como o réxime FIES e outros casos de agresións a presos. Senra tamén solicitou o ano pasado poder visitar o cárcere de Teixeiro, ante as continuas denuncias afectuadas por Esculca e por presos e presas desta cadea, pero non recibiu contestación algunha.

 

Moitas grazas pola vosa atención e difusión

__________

 

Máis información ou entrevistas:

 

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no GUE/NGL

 

Tlf: 609 845 861lidia.senra@europarl.europa.eu   

 

http://ageuropa.gal/      https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

Contact Form

×