Another Europe is possible

Lídia Senra esixe á Comisión Europea unha Directiva comunitaria contra a violencia machista

12/09/2017

  • Saúda a ratificación hoxe do Convenio de Istambul por parte da UE pero demanda máis medios, análise e formación en xénero para optimizar a loita
  • Unha terceira parte das mulleres da Unión Europea teñen sufrido violencia sexual ou física alomenos unha vez durante a súa vida adulta

 

 

Boa tarde,

 

Estrasburgo, 12 de Setembro de 2017. Lídia Senra saúda a adhesión ao Convenio do Consello de Europa sobre prevención e loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica (Convenio de Istambul) aprobada na mañá de hoxe polo pleno do Parlamento Europeo (PE) reunido en Estrasburgo. Non obstante, subliñou onte a eurodeputada galega durante o debate de devandito informe, “a Unión Europea debe de pasar xa das palabras ás accións, precisamos unha Directiva europea para reforzar a loita contra a violencia machista”.

 

A violencia contra as mulleres na UE presenta datos arrepiantes. Segundo a información recollida no último estudo sobre violencia machista realizado pola Axencia dos Dereitos Fundamentais da UE (2014) unha terceira parte das mulleres en Europa teñen sufrido actos de violencia física ou sexual alomenos unha vez durante a súa vida adulta.

 

Diante desta realidade, Lídia Senra demandou aos Estados membro “unha avaliación en profundidade que revele que é o que non está a funcionar na aplicación das leis contra a violencia”, xa que moitas veces a vontade recollida en convenios como o de Istambul, malia seren asumidos polos Gobernos, non alcanzan a efectividade á que aspiran.  “Queremos que se garanta que casos como o de Juana Rivas non acontezan nunca máis, e que ningunha muller sexa ameazada co cárcere por non querer entregar as súas fillas ou fillos a pais agresores”, abondou.

 

Neste senso, a eurodeputada galega sinalou que resulta “imprescindíbel” que todas aquelas persoas que teñen a responsabilidade de implementar a lexislación contra a violencia machista conten cunha formación fonda e específica en materia de xénero, xa que “é o único xeito de que o machismo non se cole tamén na propia implementación das leis”[1].

 

 

 

Moitas grazas pola vosa atención

 

 

[1] En novembro do ano 2015 Lídia Senra convocou no Parlamento Europeo a xornada O nesgo machista na aplicación das políticas: o caso da xustiza”, levada adiante por varios colectivos galegos. Nesta mesma liña, o pasado mes de xuño Senra coordenou no PE unha segunda xornada de traballo, desta volta baixo o lema “Unha xustiza adaptada á infancia: A consideración da voz das vítimas menores de idade”, na que colectivos especializados demandaron o cumprimento das directrices do Consello de Europa sobre a adaptación da xustiza ás necesidades da infancia.

 

 

 

*Adxuntamos imaxe correspondente á intervención de Lídia Senra onte no debate do informe de adhesión ao Convenio de Istambul.

__________

 

Máis información:

 

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

 

Tlf: 609 845 861

lidia.senra@europarl.europa.eu      

http://ageuropa.gal/

@LidiaSenra

 

[1] En novembro do ano 2015 Lídia Senra convocou no Parlamento Europeo a xornada O nesgo machista na aplicación das políticas: o caso da xustiza”, levada adiante por varios colectivos galegos. Nesta mesma liña, o pasado mes de xuño Senra coordenou no PE unha segunda xornada de traballo, desta volta baixo o lema “Unha xustiza adaptada á infancia: A consideración da voz das vítimas menores de idade”, na que colectivos especializados demandaron o cumprimento das directrices do Consello de Europa sobre a adaptación da xustiza ás necesidades da infancia.

Contact Form

×