Another Europe is possible

Lídia Senra chama a analizar e debater os avances e eivas do empoderamento das mulleres na esquerda

08/11/2017

Boas,

 

Lídia Senra chama a analizar e debater os avances e eivas do empoderamento das mulleres na esquerda

 

·        A eurodeputada organiza unha xornada este sábado en Cangas para intercambiar experiencias e análises desde unha perspectiva feminista

 

·        A deputada Alexandra Fernández, a edil Sandra Pesqueira, a profesora Asunción Bernárdez e a historiadora Encarna Otero serán ponentes

 

Santiago, 8 de novembro de 2017. O Salón de Plenos do Concello de Cangas acollerá este sábado, 11 de novembro, en sesión de mañá e de tarde, a xornada “O empoderamento das mullleres na esquerda política social”. O evento, aberto a todas as persoas que desexen participar, sen necesidade de inscrición previa, está organizado pola eurodeputada galega, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) Lídia Senra.

 

A europarlamentaria considera especialmente importante organizar actos desde tipo para debater e analizar en común os avances que ten logrado o empoderamento das mulleres na esquerda nas últimas décadas, pero tamén para prestarlle moita atención ás eivas. Así, Senra denuncia que a pesar de que na teoría as organizacións políticas e sociais de esquerda defenden a igualdade e a loita contra o machismo, a realidade é que na maioría dos casos continúan a ser os homes os que ocupan os postos de maior responsabilidade, exercen de portavoces e toman a maioría das decisións. “Non podemos permitir que isto continúe a ser así”, defende Senra, quen tamén fai un chamamento a exercer a tolerancia cero coa violencia machista en todos os ámbitos , incluído o institucional e as organizacións políticas e sociais. “Están a ser moi preocupantes os casos que se están a denunciar de acoso a mulleres no Parlamento Europeo, por exemplo”, dixo. “Ante a violencia sexista e o machismo, aínda que a exerzan homes que supostamente son os nosos compañeiros de partido ou de organización social, baixo ningún concepto se pode permitir”, afirmou.  “Non se pode permitir a ningún acosador ocupar cargos públicos”, enfatizou.

 

A xornada de Cangas deste sábado comezará ás 11:30 horas, cun coloquio no que participarán como ponentes, ademais da propia Lídia Senra, a deputada en En Marea no Congreso do Estado español Alexandra Fernández, e a concelleira de Marea Marín Sandra Pesqueira. Baixo o título “Mulleres implicadas política e socialmente fronte ao machismo diario que continúa a imperar na maioría de organizacións de esquerda”, as tres representantes políticas expoñerán a súa visión e experiencia que viven día a día no desenvolvemento das súas funcións. Margarida López Barreiro, concelleira de Marea de Vigo, será a encargada de moderar esta mesa.

 

Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas, está previsto o coloquio “A raíz da violencia machista. Como se desenvolve e como se nos conta a historia”, no que intervirán como ponentes a profesora, feminista e activista nacionalista galegaEncarna Otero, e a profesora da Complutense de Madrid que ten realizado numerosos traballos de análise da violencia machista nos medios de comunicación e no cine, canguesa de nacemento,Asunción Bernárdez Rodal. A membro de Alternativa Canguesa de Esquerdas, Andrea Bernárdez, moderará o debate.

 

 

Moitas grazas pola vosa atención

Adxuntamos cartelería e programa completo da xornada

 

__________

 

Máis información:

 

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

 

Tlf: 609 845 861

lidia.senra@europarl.europa.eu       

http://ageuropa.gal/

Contact Form

×